Moi, moi même et mon autre personnalité.

Mi foto
Yo, yo misma y mi otra personalidad. No, en serio, no me voy a describir, no es lo mío decir lo maravillosa que soy. Pero los demás sí podéis hacerlo!!

domingo, 3 de agosto de 2008

Sen título específico

Boas, xente!!

Canto tempo sen me pasar por aquí... É o que ten marchar da cidade e volver para á casa, onde non había Internet... ata agora!! SI, POR FIN ESTOU CONECTADA!!!

Parecerá unha parvada, pero é incrible neste sitio... Velocidade dun mega, pero bueno, éche o que hai. Polo menos anda.

Que cousas pasaron desde... xuño? Vexamos. Acabaron as clases e, polo tanto, estou de vacacións. Un verán típico galego, é dicir, sol, nubes, sol, nubes, auga, auga, nubes, e sol. E as marabillosas praias... E as festas do verán, en Oseiro (sen comentarios...), na Coruña... E por suposto, quedar cos amigos, que o ano que vén non os verei case nada.

E é que si, marcho para Finlandia!! Xa teño sitio onde vivir, por fin. Unha residencia á beiriña dun dos lagos da cidade de Tampere. Estou bastante contenta, porque non me daba chegado a información e estaba toda atacada. Pero o mellor, ou peor, segundo o punto de vista, é que marcho o día 20. Dentro de 17 días collo o avión, os avións, mellor dito, e alá vou, rumbo norte, norte, norte.

Pero xa falarei da marcha noutro momento...

Resulta que as nenas da Coruña, ou sexa, Adris, Clara, Lucía e Vanessa, déronme hai unhas semanas o meu regalo de aniversario. Hai unhas semanas, si. Pero é que nunca coincidíamos todas xuntas e houbo que esperar. Pois o agasallo consistiu nunha carteira (bolsa, mochila, desas tipo para levar o portátil) de cadros vermellos e negros, ben chula. Teño que facerme cunha colección de chapas para adornala. E... UNHA ESPADA LÁSER DA GUERRA DAS GALAXIAS!!!!! DAS QUE FAN RUÍDO E TEÑEN LUZ E VIBRAN CANDO A GOLPEAS!!!! Chorei, en serio, non o esperaba. E quen o ía esperar, digo eu?? Moita ilusión me fixo...

E que máis? Pois unha cea no restaurante hindú. Abrasei a boca, si, pero todo estaba tan bo... E claro, a compaña, pois a mellor, as dúas Olay/llas. Grandes conversacións das que non vou contar nada aquí, porque non procede... Cousas sen sentido... Sempre o paso ben con elas, que lle vou facer. Espero que Olalla o pase moi ben en Alemaña, a onde marchou o venres pasado para practicar o idioma antes de ir de Erasmus. Seguro que todo lle vai saír moi ben.

E logo, esta semana que entra, a partir do venres, Party friki en Vilagarcía!! Durante a fin de semana, veremos anime e estaremos rodeados de xente friki. Ordenadores, videoxogos e cousas así. A verdade é que será divertido -bueno, polo menos vou con Uxi... non nos pensamos separar, por se acaso... :)

E nada máis!!

Deixo este vídeo colgado, os Ting Tings e That's Not My Name. Unha canción que me fai gracia.

Bicos, xente!!!


1 comentario:

Anónimo dijo...

La conversación del hindú...dio muuuucho de sí....siiiiiiiiiiiii. Hubo frases q siempre recordaré...como los olores gástricos d aqel...d dnd era??? da iwal, los pedos q se tiraban tenian hasta sello...jijijijijijijijiji

t vas con los bereberes del norte!!!!
jijiji
vale, q si, q son africanos...
pero los finlandeses tb tienen un tono d piel raro!!!!:P
si s q nos volveras albina!!


tenemos q qedar sta semana para tomar un cofi!

por cierto!! n l carrefour hay salsas indias!! y todas tienen 3 de 4 guindillas coloradas...

bicooooooooos