Moi, moi même et mon autre personnalité.

Mi foto
Yo, yo misma y mi otra personalidad. No, en serio, no me voy a describir, no es lo mío decir lo maravillosa que soy. Pero los demás sí podéis hacerlo!!

martes, 29 de enero de 2008

Entroido

Achéghase o Entroido!!!

Que ben, é unha das épocas do ano que máis me gusta, aínda que non me disfrace... Pero encántame ir polas rúas e escoitar o barullo, ver á xente disfrazada (sobre todo aos meniños, tan curriños eles, aissss....). E, ademais, a comida!!! Porque en Galicia, Entroido é sinónimo de filloas, orellas, lacón...


Non podería vivir nun sitio no que non se fixeran filloas, a verdade. E quen me diga que son crêpes, leva unha torta! Porque non son crêpes, meus, sonvos FILLOAS, unha das cousas máis ricas que o home puido inventar.


As orellas tamén me gustan, pero... acaban por fartar polo azucre que levan por riba. O que me gusta delas é cando miña nai está facendo a masa, estirándoa para facer os doces; cando era cativa dábame un chisco para que eu fixera algunha trapallada, un monigote, un "pastel" etc. Pasábao tan ben!!!


Agora xa hai tres anos que non me disfrazo, creo que a última vez foi de vaqueira... Tiña un sombreiro de verdade e todo XDD. Pero iso non me impide desfrutar desta festa, que en Galicia tanto se celebra.


Igual falo do Entroido máis polo miúdo outro día, o certo é que me entraron ganas mentres escribía isto... Polo momento, nada máis.


Moitos bicos e sorte a todos aqueles que estean con exames. Vós podedes!!!


Marta


No hay comentarios: